O martes , día 31 de Outubro ,celebraremos o Magosto no Instituto. Farémolo nas dúas últimas horas da mañá. Polo tanto haberá clase normal ata as doce e media polo que tedes que traer o material correspondente para as catro primeiras horas .Un saúdo Amalia
0 Comentarios
,Hola nenos e nenas : Recórdovos que o venres ,día 27 de Outubro, temos o control de EUROPA ,que consiste, como sabedes, en colocar no mapa mudo os accidentes costeiros e de relevo e que levamos traballando as dúas últimas semanas.Non vos olvidedes de traer o mapa mudo en color para o exame .
Un saúdo Amalia O equinoccio de outono de 2017 producirase hoxe venres ás 10.02 horas (na España peninsular).O fenomeno astronómico supón o inicio desta estación no Hemisferio Norte.No Hemisferio Sur marca o comezo da primavera.O equinoccio é o momento do ano no que o día ten igual duración que a noite en todos os puntos do planeta. Nese instante ,o eixe da Terra é exactamente perpendicular ós raios do Sol.Este fenomeno ocorre dúas veces ó ano,nos meses de marzo e setembro.Este outono extenderase ó largo de 89 días e 20 horas ,ata o 21 de decembro,día en que comezara o inverno .
Un forte terremoto de magnitude 7´1 sacudiu este martes fortemente a cidade de México e causou ó menos 225 mortes; un saldo que podería aumentar dadas as altas probabilidades de que haxa máis persoas atrapadas baixo os edificios derruidos,segundo informa o coordinador nacional de protección civil.Na cidade de México hai 94 mortes , máis de 800 feridos e gran cantidade de edificios completamente derruidos.Os equipos de rescate e os veciños traballan para atopar e salvar a moitas persoas que se teme se atopen atrapadas baixo os escombros.
De categoría cinco ,o máximo na escala ciclónica ,cunha lonxitude de 200 Km,rachas de vento sostido de 297 km por hora e un inmenso radio de impacto de 75 Km dende o ollo do seu vórtice .A violencia deste furacán cebouse especialmente nas illas Barbuda e San Martín,nas Antillas Menores.Tamén barreu a illa de Puerto Rico ,a Republca Dominicana e Haití ,dirixíndose a continuación a Península de Florida (EEUU).
Provocou grandes destrozos ,mortes e gran cantidade de feridos .Foi o maior rexistrado no Atlántico , un furacán realmente devastador e provocou a evacuación de millóns de persoas ,segundo informou o Centro Nacional de Furacáns de EEUU. O equipo de investigadores do Museo de Prehistoria de Cantabria localizou en 4 pequenas cavidades da rexión novas pinturas rupestres que terían entre 30.000 e 20.000 anos ,máis antigas que as de Altamira. Os trazos de arte rupestre localizados nestas 4 cavidades son,en xeral,vermellos sobre todo puntos illados e ringleiras de puntos coas que, nalgún caso, se forman figuras de animais .Estas novas pinturas son da época premagdaleniense ou gravetiense.
Hola nenos e nenas: Benvidos o novo curso escolar 2017-18. Estades no inicio dunha nova etapa educativa que é a Ensinanza Secundaria Obrigatoria e nun novo centro escolar, oInstituto Campo San Alberto, no que espero que vos atopedes moi a gusto .Eu son a vosa profesora de Xeografía e Historia e a vosa titora. Estou a vosa disposición para o que precisedes ,polo que calquera problema ou preocupación que vos xurda ó longo do curso mo comentedes e intentaremos resolvelo . Eu tamén espero de vos que teñades un bo comportamento e que traballedes moito para poder superar o curso con éxito.
Ánimo e un saúdo agarimoso a todos :Amalia As noticias que chegan da Antártida son alarmantes aínda que esteamos habituados a ignoralas ou a convivir con elas.As cada vez máis altas temperaturas das súas aguas derriten antigos glaciares e inmensos diques de xeo empezan a desmoroarse.Recentemente científicos da misión IceBridge da NASA fotografiaron de novo a enorme grieta existente na plataforma de xeo Larsen C da península da Antártica .A grieta ten na actualidade preto de 112 Km de largo ,uns 90 m de ancho e 530 de profundidade.
Cando cruce toda a plataforma,creará un iceberg tan grande como a Comunidade de Madrid A NASA publicou o mércores un descubrimento de gran importancia:o achado dun sistema solar con 7 planetas similares á Terra .Estos 7 planetas orbitan en torno a TRAPPIST-1,unha estrela enana e ultrafría a 39 anos luz de distancia na constelación de Acuario.Tódolos planetas teñen un tamaño similar ó da Terra e poderían albergar vida.Tres deles poderían contar con océanos de agua na súa superficie.Situanse na zona habitable do sistema planetario que polas súas condicións térmicas poderían poseer agua en estado liquido. A enana vermella TRAPPIST-1 é aproximadamente do tamaño de Xupiter, moito máis pequena que o noso Sol .Os planetas ,nomeados dende a b á h en orden ascendente ,manteñen órbitas máis pequenas que a de Mercurio e sitúanse moi preto uns de outros. Ilustración de la portada de la revista «Nature» con el anuncio del nuevo sistema solar - JPL/NASA
Si ata agora nos libraramos da ola do frio ártico que conxelou a media Europa , a partires de martes 17 .España quedará baixo unha potente masa de aire polar continental ,moi seco e xélido, que entrará polo nordeste da Peninsula e barrerá todo o pais e parece que se si cumplen as previsións metereolóxicas ,será a peor dos últimos anos. Imagen de Galicia Imagen de Mallorca
|
FundamentosNeste blog atoparedes puntualmente noticias sobre a asignatura de xeografia e historia, efemérides, exercicios, exames, e outros eventos que vaian tendo lugar ó longo do curso. |